Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46718

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de decembro de 2012 pola que se dispón que a secretaria xeral técnica da Consellería de Facenda se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

O Decreto 235/2012, do 5 de decembro, fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia. No seu artigo 2 establece os órganos de dirección nos cales se estrutura a Consellería de Facenda, entre os que se inclúe a nova Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos. Por Resolución da conselleira de Facenda do 10 de decembro de 2012 a esta dirección xeral quedan temporalmente adscritos, mentres non se aprobe a nova estrutura orgánica da consellería, a Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios, así como o persoal que dependía directamente da extinta Dirección Xeral e Planificación e Fondos.

Mentres non se proceda a nomeamento do titular da nova dirección xeral, cómpre adoptar as medidas inmediatas para asegurar o correcto funcionamento deste centro directivo e a resolución, se é o caso, dos asuntos que se lle encomenden.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias da Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos quédanlle encomendados temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular á secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda