Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de novembro de 2012 pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012051TA-PO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 8 de outubro de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012051TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Rafael Portela Novas, Bar Labranza.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rafael Portela Novas, Bar Labranza, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, na secretaría xeral (Servizo Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2012051TA-PO.

Denunciado: Rafael Portela Novas, Bar Labranza.

DNI/CIF: 53110754M.

Último enderezo coñecido: lugar de Meiro 130. 36930 Bueu. Pontevedra.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigos 7.u), 19.2.d), 19.3.b) da Lei 28/2005 e artigo 42 da Lei 8/2008, de saúde de Galicia.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 676 €.