Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (879/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 879/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mar Vázquez Díaz contra a empresa ETS Servicios Externos, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Número de autos: procedemento ordinario 879/2010.

Na cidade da Coruña, 16 de novembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, María Mar Vázquez Díaz, que comparece asistida do letrado Pedro Pedreira Candal e doutra, como demandado, ETS Servicios Externos, que non comparece, e o Fogasa en cuxo nome e representación comparece Eva Abajo Lera.

En nome do rei.

Ditou a seguinte sentenza 871/12.

Decido:

1. Estimo parcialmente a demanda formulada por María Mar Vázquez Díaz fronte á empresa ETS Servicios Externos, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 77,7 euros polas cantidades que lles debe en concepto de salarios.

2. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa ETS Servicios Externos, expídese este presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

O secretario xudicial