Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46610

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1259/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 1259/2010 GA, promovido pola mutua Fremap contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Monpostinos, S.L. e José Manuel Martínez Romero, sobre accidente de grao, con data do dezanove de novembro de dous mil doce se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola mutua de accidentes de traballo Fremap contra a sentenza do 6 de outubro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en autos seguidos por instancia de José Manuel Martínez Romero contra a parte recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Monpostinos, S.L., a sala confírmaa na súa totalidade e condena a recorrente a aboarlle ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 300 € en concepto de honorarios.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 € na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Monpostinos, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

A secretaria xudicial