Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (816/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 816/2011; é demandante Yago Varela Suárez, representado polo letrado Sr. Valiño Ferreiro, e demandada a empresa Torreiro y Candal, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa),

Resolvo que, debo aceptar e acepto a demanda interposta por parte de Yago Varela Suárez contra a empresa Torreiro e Candal, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Yago Varela Suárez a cantidade de 9.491,29 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e lle sirva de notificación a Torreiro y Candal, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de novembro de 2012

A secretaria xudicial