Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (823/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 823/2011; é demandante Juan Carlos del Río de Vega, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Grupo Hogar Seguro, S.C., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa),

Dispoño que debo aceptar e acepto a demanda interposta por parte de Juan Carlos del Río de Vega contra a empresa Grupo Hogar Seguro, S.C. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Juan Carlos del Río de Vega a cantidade de 1.236,64 euros que debe, cantidade que se deberá incrementar co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e lle sirva de notificación a Grupo Hogar Seguro, S.C., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

A secretaria xudicial