Con data do 8 de outubro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2012108TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Secundina García Rivera, titular do establecemento Mesón O Labrador.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Secundina García Rivera, titular do establecemento Mesón O Labrador, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2012108TA-CO.
Denunciada: Secundina García Rivera, titular do establecemento Mesón O Labrador.
DNI/CIF: Y-1150560-E.
Último domicilio coñecido: avda. Che Guevara, 63, portal 2 B, de Oleiros.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 1.200 €.