Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2012 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de reintegro relativo ao expediente de subvención D10-31100-1268.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento de reintegro relativo ao expediente D10-31100-1268.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: D10-31100-1268.

Interesada: María Pilar Méndez Quindimil (Centro de Iniciativas e Desenvolvemento Rural-Cider).

Acto de notificación: resolución de procedencia de reintegro.

Último enderezo coñecido: Vilar-Cabrui; O Vilar; 15685 Mesía (A Coruña).