Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes INC-CO-0194-2012 SUB, INC-CO-0199-2012 IPR, INC-CO-0202-2012 IPR e INC-CO-0228-2012 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola instrutora do expediente.

As comparecencias deberanse efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0194-2012 SUB.

Denunciada: Forestal La Cabana.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-CO-0199-2012 IPR.

Denunciado: Jorge Guerreiro Rego.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-CO-0202-2012 IPR.

Denunciado: Gilberto Rico Díaz.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-CO-0228-2012 BIO.

Denunciado: Carlos López Rivas.

Acto de notificación: proposta de resolución.