Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Edicto do 15 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Portatón ou Coto Grande, a favor dos veciños da parroquia de Lamas, no concello de Leiro.

Advertido erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 230, do 3 de decembro de 2012, é preciso publicar a seguinte corrección:

Na páxina 45464, no encabezamento, onde di:

«Edicto do 15 de novembro de 2012 , do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Portatón ou Coto Grande, a favor dos veciños da parroquia de Lamas, no concello de Leiro»,

Debe dicir:

«Edicto do 15 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Portatón ou Coto Grande, a favor dos veciños de Corneira, no concello de Leiro».

E onde di:

«Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Lamas»,

Debe dicir:

«Comunidade veciñal solicitante: veciños do lugar de Corneira».