Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación de notificacións devoltas polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 61 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións dos recursos de alzada instados polos/as interesados/as, publícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos interpostos, cos efectos que se sinalan no anexo deste edicto.

Vigo, 12 de novembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO
Relación de interesadas

Nome e apelidos

DNI/NIE

Número expte.

Acreditación documental para:

María Lorena Pardo Pereira

53198707Y

36057/0705/11

Desestimación RISGA

Maira Romero Jiménez

71525151G

36038/0041/12

Desestimación AES

Sara Roade Rey

76990296G

36035/0004/08

Desestimación RISGA

Simona Paun s/s

X4658749F

36057/0461/09

Desestimación RISGA

Efectos da resolución sobre o recurso interposto:

– Pon fin á vía administrativa de acordo con artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Poderán interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.