Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión dun servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en residencia para persoas con discapacidade física, gravemente afectadas na área rural 22 coa entidade Asistencia Integral Personalizada, S.L., polo procedemento negociado sen publicidade (exclusividade).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.N. 20/2012.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión dun servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en residencia para persoas con discapacidade física, gravemente afectadas na área rural 22.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 11.956.000 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 15.9.2012.

b) Contratista: Asistencia Integral Personalizada, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 10.162.600 € (IVE incluído).

2. Contratación da xestión do servizo público, na modalidad de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en residencia para persoas con parálisise cerebral e discapacidades afins, gravemente afectadas, coa Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral (APAMP).

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.N. 75/2012.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas en residencia para persoas con parálise cerebral e discapacidades afins.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

2.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.839.200 € (IVE exento).

2.5. Formalización:

a) Data: 1.11.2012.

b) Contratista: Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral (APAMP).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 1.563.320 € (IVE exento).

3. Contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo para a difusión dunha campaña publicitaria sobre o envellecemento activo, cofinanciado co proxecto europeo 0552 Envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007-2013.

3.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.A. 71/2012.

3.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a difusión dunha campaña publicitaria sobre o envellecemento activo.

3.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

3.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 107.000 € (IVE incluído).

3.5. Formalización:

a) Data: 12.11.2012.

b) Contratista: Luis Ferreira Asociados, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 86.989,20 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar