Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT e CT Facenda O Agro no concello de Celanova (expediente IN407A 2012/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Asociación Arraianos.

Domicilio social: Santiago de Amoroce.

Denominación: LMT e CT Facenda O Agro.

Situación: Celanova.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 1.216 m de lonxitude con condutor LA-56 e orixe no apoio existente ao CT 32A×94 e remate no CT aéreo proxectado Facenda O Agro de 50 kVA, R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea de 12 m de lonxitude con condutor RV 0,6/1 kV derivada do CT aéreo proxectado Facenda O Agro.

Orzamento: 35.113,36 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense