Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de xogo número C-5/12.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a José Manuel Regueiro Castro, en relación co expediente sancionador en materia de xogo C-5/12 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Oleiros (A Coruña), ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2012

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: C-5/12.

Interesado: José Manuel Regueiro Castro.

DNI: 32826079-L.

Último enderezo coñecido: rúa Lineo, 8-2º L, Santa Cristina, 15173 Oleiros (A Coruña).

Data da resolución: 25 de outubro de 2012.

Tipificación e precepto infrinxido: leve.

Sanción: apercibimento.