Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 193/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Infesta I.

Situación: concello de Betanzos.

Características técnicas: reforma da liña de media tensión aérea (LMTA), tramo entre a derivada ao CR Arxentina (expediente 50.876) e a derivada a CT particular CIA Española de Viños, S.A., a 15/20 kV, coa orixe no apoio nº 12 existente, e final no apoio nº 14 existente e unha lonxitude de 0,100 km, consistente na substitución do condutor existente por outro do mesmo tipo LA 110/116,2 mm², e instalación dun novo apoio nº 13 en substitución do existente.

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a CT Infesta I, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,029 km, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado que se vai realizar no apoio nº 13 proxectado da liña de media tensión aérea (LMTA), tramo entre a derivada ao C.R. Arxentina (expediente 50.876), e a derivada a CT particular CIA Española de Vinos, S.A., e final no CT Infesta I que se vai reformar (expediente 26.620).

Reforma do centro de transformación (CT) non prefabricado Infesta I (expediente 26.620), coa instalación dun compacto de manobra exterior 2L+1P cun transformador de potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV, e reparación da caseta de obra civil existente, así como eliminación do paso aéreo-soterrado existente na fachada da caseta, correspondente á liña de media tensión soterrada que alimenta o CS Cascas, s/n (expediente IN407A 2008/589), conectándose a dita liña a unha das saídas do novo CT compacto que se vai instalar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña