Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/27).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMT, CT e RBT Braña Rica.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,140 km, coa orixe no apoio nº 8 da LMT derivación a Marlán (expediente IN407A 366/2003) e remate no CTI proxectado Braña Rica, condutor tipo LA-110.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 0,206 km, con orixe no CTI Braña Rica (proxectado), condutor tipo XZ1 e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña