Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46157

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012 pola que se convoca un curso sobre intervención e defensa persoal policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2012, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso sobre intervención e defensa persoal policial, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación:

Intervención e defensa persoal policial.

Tipo:

Curso.

Horas lectivas:

20 (computables para a obtención de graos e niveis de defensa persoal policial).

Modalidade:

Presencial.

Obxectivos:

Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación ante as distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Contido:

Novas técnicas de intervención policial, detención e autodefensa. Utilización do bastón extensible. Novos medios técnicos. Novos protocolos de actuación.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de quedaren prazas vacantes, cubriríanse con persoal dos corpos das policías locais de Galicia e dos restantes corpos de seguridade que teñan destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas ofertadas:

80 prazas.

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) É conveniente consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

e) Prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 13 de decembro de 2012.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporanse instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 206 110, do fax: 886 206 122 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

a) Menor número de actividades formativas realizadas polo alumno/a solicitante nos últimos cinco anos, segundo consten nas bases de datos da academia, e non ter feito con anterioridade o curso que se convoca.

b) A igual número de actividades terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da academia.

c) Antigüidade.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día 14 de decembro de 2012 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultaren seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

Obrigas das persoas seleccionadas:

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 122.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar:

Sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario:

– Día 21: xornada de tarde (das 16.00 ás 21.00 horas).

– Día 22: xornada de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas) e tarde (das 16.00 ás 21.00 horas).

– Día 23: xornada de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas).

Datas:

21, 22 e 23 de decembro de 2012.

Certificado de asistencia:

Ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nesta.

Materiais:

O persoal admitido deberá presentarse a este curso provisto de roupa deportiva e, no caso de ser posible, co material profesional do que dispoñan (grillóns, bastón policial, tonfa ...)

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro de 2009).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 28 de novembro de 2012

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Acacemia Galega de Seguridade Pública