Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha torre metálica de celosía e caseta destinada a servizos de telecomunicación en Broza.

Retegal, S.A. solicitou licenza municipal para a instalación dunha torre metálica de celosía e caseta destinada a servizos de telecomunicación que se situarán en Broza, polígono 66, parcela 14.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de notificación a todos aqueles estremeiros aos cales non se lles puido practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 12 de novembro de 2012

Joaquín González González
Alcalde