Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública para a legalización de piscifactoría sita en San Vicente do Veral (expediente 74/11).

A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Servizo de Conservación da Natureza solicitou desta alcaldía licenza municipal para a legalización de piscifactoría sita en San Vicente do Veral.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto-, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 1 de agosto de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo