Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública sobre expediente de delimitación do núcleo rural de San Xurxo.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, procédese a abrir un período de información pública do expediente que se está a tramitar no Concello de Antas de Ulla, de delimitación do núcleo rural de San Xurxo por instancia de José Luis Vázquez Presedo, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de posibles observacións, alegacións ou reclamacións.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Antas de Ulla, 1 de outubro de 2012

Javier Varela Pérez
Alcalde