Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a aprobación dun proxecto de expropiación na travesía de Antonio Pedreira Ríos.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 3 de setembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o proxecto de expropiación en execución do acordo de Xunta de Goberno Local, do 1 de agosto de 2008, relativo ao recoñecemento de titularidade a favor de Jesús Ares Lois e Oliva Cernadas Mosquera dunha superficie de 304 m2 incluída na travesía de Antonio Pedreira Ríos. O importe do presente proxecto de expropiación ascende ao importe de 169.291,06 € (este importe resulta, da suma de dous conceptos, por unha parte o valor do solo incluído o 5 % do premio de afección, que ascende ao importe de 130.214,38 € e por outra o valor da ocupación temporal, que ascende a 39.076,68 €). Existe crédito adecuado e suficiente con cargo á aplicación 30.151.6000511 do orzamento, código de proxecto 2011-2-30-2.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceira. Aprobar o mutuo acordo con Jesús Eduardo Ares Lois e Oliva Cernadas Mosquera, propietarios da parcela afectada polo proxecto de expropiación dunha porción de solo de 304 m2 na travesía Antonio Pedreira Ríos por importe total de 169.291,06 €. Prodúcese así a fixación definitiva do prezo xusto, sen prexuízo de que o expediente prosiga para chegarse ao pagamento do prezo e demais tramites subseguintes. Para o aboamento do dito importe de 169.291,06 € existe crédito adecuado e suficiente con cargo á aplicación 30.151.6000511 do orzamento, código de proxecto 2011-2-30-2...»

A Coruña, 25 de setembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo