Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre construción de punto limpo e nave comarcal da actividade de oficinas e almacén de residuos.

A deputación provincial solicitou a licenza de construción de punto limpo e nave comarcal da actividade de oficinas e almacén de residuos, sometida a avaliación de incidencia ambiental e neste concello tramítase o expediente oportuno.

De acordo coa lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir o período de información pública durante un prazo de vinte días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que as persoas que estean afectadas dalgún xeito pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes. O prazo comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Vilamartín de Valdeorras, 6 de novembro de 2012

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde