Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre expediente de delimitación de solo do núcleo rural de Valdegodos.

O Concello de Vilamartín de Valdeorras está a tramitar expediente de delimitación de solo do núcleo rural de Valdegodos. Vista a aprobación inicial do expediente, e tras a adaptación dos informes sectoriais preceptivos, vista a súa modificación substancial, de conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na redacción dada a esta pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais La Voz de Galicia e La Región.

No caso de se producir a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a última publicación.

Durante este prazo poderá examinarse o expediente, na Secretaría do concello, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Vilamartín de Valdeorras, 30 de novembro de 2012

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde