Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46023

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012 pola que se convoca o IV Curso superior de formación do técnico na Administración local.

A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan o presente curso coa intención de favorecer a formación específica dos técnicos da Administración local, nas materias propias deste ámbito de traballo.

O curso comezou, coa súa primeira edición, no ano 2007. Orixinalmente, o curso estaba dirixido exclusivamente aos enxeñeiros de camiños e aos alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Porén, os organizadores do curso, conscientes de que o traballo municipal é interdisciplinar, consideraron conveniente abrir o curso a todo tipo de técnicos, especialmente aos funcionarios con habilitación de carácter nacional, posto que a incorporación de persoal responsable das funcións públicas necesarias e reservadas achegará, sen dúbida, unha nova perspectiva ao xeito de tratar as materias do curso e logrará a interrelación entre todos os axentes do traballo municipal.

De acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, a Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, a Dirección Xeral de Administración Local e a Federación Galega de Municipios e Provincias, o IV Curso superior de formación do técnico da Administración local.

Con carácter excepcional, os alumnos que cursasen as edicións I e II do Curso de formación do enxeñeiro de camiños na Administración local, organizados polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e a Federación Galega de Municipios e Provincias, poderán optar á obtención do título do IV Curso superior de formación do técnico na Administración local, tendo en conta a similitude dos seus contidos e de conformidade co disposto nesta convocatoria.

As bases da convocatoria son as seguintes:

1. Obxectivos.

O obxectivo deste curso é dar unha visión actualizada e completa, dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo do técnico no ámbito da Administración local.

Búscase afianzar os coñecementos dos técnicos que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada todas as materias que afectan o día a día da Administración local.

2. Contido.

Tema 1. Estrutura organizativa do Estado e papel das entidades locais (municipios e deputacións).

Tema 2. A Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local: competencias e obrigas das entidades locais.

Tema 3. Competencias, funcións e responsabilidades do técnico de obras municipal.

Tema 4. A Lei 30/2007, de contratos del sector público. O Real decreto lexislativo 2/2000, sobre contratos das administracións públicas.

Tema 5. Responsabilidades patrimoniais das administracións públicas.

Tema 6. Lexislación sobre prevención de riscos laborais: responsabilidades da Administración e dos técnicos municipais.

Tema 7. A Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: procedementos, redacción de informes, participación dos cidadáns etc.

Tema 8. Lexislacións sectoriais con incidencia nas entidades locais (ordenación do territorio, estradas, augas, costas, portos, patrimonio, ambiente e espazos protexidos etc.).

Tema 9. A Administración electrónica. Novas tecnoloxías ao servizo da Administración municipal: SIX, cartografía dixital, fotografía aérea, información de satélites etc.

Tema 10. O marco legal da ordenación do territorio e do urbanismo en Galicia.

Tema 11. Instrumentos de ordenación do territorio de ámbito autonómico: directrices de ordenación do territorio, Plan de ordenación do litoral.

Tema 12. O plan xeral municipal. Análise técnica e análise administrativa.

Tema 13. O desenvolvemento urbanístico. Os plans parciais, plans sectoriais e plans especiais.

Tema 14. Informes urbanísticos do plan xeral municipal e dos plans especiais.

Tema 15. Os proxectos de urbanización.

Tema 16. Os sistemas de xestión urbanística.

Tema 17. Os convenios urbanísticos.

Tema 18. As licenzas no ámbito municipal.

Tema 19. A disciplina urbanística.

Tema 20. A avaliación ambiental dos plans.

Tema 21. A sustentabilidade e a protección do ambiente no ámbito das entidades locais.

Tema 22. Coordinación e aspectos prácticos da planificación de infraestruturas e servizos con administracións supramunicipais e entidades privadas.

Tema 23. A mobilidade no ámbito da Administración local.

Tema 24. O proxecto das infraestruturas de transporte: estradas urbanas, rúas, ferrocarrís urbanos e metropolitanos, estacións de ferrocarril e autobuses, aparcamentos, intercambiadores etc.

Tema 25. O proxecto dos servizos urbanos municipais: abastecemento, saneamento, luz pública, control de tráfico, enerxía eléctrica, telecomunicacións, distribución de gas, xestión de residuos sólidos etc.

Tema 26. Áreas industriais e áreas empresariais.

Tema 27. Os equipamentos e as dotacións públicas.

Tema 28. O proxecto dos espazos libres (prazas, bordos fluviais, litoral, parques etc.).

Tema 29. Lexislación sobre accesibilidade e a súa incidencia na xestión municipal.

Tema 30. A xestión dos servizos municipais e a relación coas concesionarias. Análise desde o punto de vista técnico e desde o punto de vista xurídico.

Tema 31. A xestión do patrimonio e os bens municipais: adquisición, inventariado, cesión, alleamento etc.

Tema 32. Os proxectos de expropiación, asignación do valor do solo e mutuos acordos.

3. Prazas: 50.

4. Destinatarios.

4.1. Vinte e cinco (25) prazas resérvanse a:

4.1.1. Empregados públicos con habilitación de carácter nacional, empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e das universidades do Sistema universitario de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario, ou aos grupos I e II do persoal laboral.

Este curso valorarase con 1 punto a aqueles/as alumnos/as que fosen considerados aptos/as ao finalizalo e, polo tanto, teñan dereito a certificado de aproveitamento, sempre que cumpran os requisitos para a aplicación do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se establecen, de acordo coas comunidades autónomas, os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de formación e perfeccionamento de Administración local, en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas, do 10 de agosto de 1994, da Resolución do 30 de novembro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se corrixen erros da Resolución do 26 de outubro de 1994 e conforme o establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal (DOG núm. 52, do 16 de marzo).

4.1.2. Profesionais que dispoñan do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

Incluiranse, tamén, neste grupo, a todas as persoas contratadas polas administracións públicas (por exemplo, contrato de servizos), que reúnan os requisitos do parágrafo anterior, e que non teñan a condición de empregados públicos.

4.2. Dez (10) prazas teñen como destinatarios enxeñeiros de camiños colexiados en activo (incluídos os que sexan empregados públicos).

4.3. Dez (10) prazas están reservadas para enxeñeiros de camiños colexiados en situación de desemprego.

4.4. Cinco (5) prazas resérvanse a estudantes de enxeñaría de camiños, canais e portos precolexiados.

No caso de non encherse na súa totalidade a cota de prazas reservadas nos puntos anteriores, estas poderán cubrirse co resto dos solicitantes, na orde de preferencia seguinte:

a) Se non se cobren as prazas do punto 4.1, estas serán ocupadas polos solicitantes dos puntos 4.2, 4.3. e 4.4, por esta orde.

b) No caso de non cubrirse as prazas do punto 4.2, estas serán cubertas polos solicitantes dos puntos 4.1.1, 4.1.2, 4.3 e 4.4, por esta orde.

c) Se quedan vacantes prazas do punto 4.3, cubriranse cos solicitantes dos puntos 4.2, 4.1.1, 4.1.2 e 4.4, por esta orde.

d) Se non se cobren as prazas do punto 4.4, ocuparanse cos solicitantes dos puntos 4.2, 4.3, 4.1.1 e 4.1.2, por esta orde.

4.5. Sen límite de prazas: os que superaran as edicións I e II do Curso de formación do enxeñeiro de camiños na Administración local.

5. Pagamento da matrícula.

5.1. O importe da matrícula será de novecentos euros (900 €) para todos aqueles solicitantes que cumpran as condicións prescritas no punto 4.1.1.

O importe anterior poderá facerse efectivo na súa totalidade no momento de formalizar a matrícula ou en dous prazos. Neste último caso, o 60 % do total (540 €) pagarase ao matricularse e o 40 % restante (360 €) farase efectivo entre o 1 e o 15 de xaneiro de 2013.

5.2. O importe da matrícula será de mil douscentos euros (1.200 €) para os solicitantes incluídos no punto 4.1.2.

O importe anterior poderá facerse efectivo na súa totalidade no momento de formalizar a matrícula ou en dous prazos. Neste último caso, o 60 % do total (720 €) pagarase ao matricularse e o 40 % restante (480 €) farase efectivo entre o 1 e o 15 de xaneiro de 2013.

5.3. O importe da matrícula será de setecentos euros (700 €) para todos aqueles solicitantes que cumpran as condicións prescritas en el punto 4.2.

O importe anterior poderá facerse efectivo na súa totalidade no momento de formalizar a matrícula ou en dous prazos. Neste último caso, o 60 % do total (420 €) pagarase ao matricularse e o 40 % restante (280 €), farase efectivo entre o 1 e o 15 de xaneiro de 2013.

5.4. O importe da matrícula será de trescentos cincuenta euros (350 €) para todos aqueles solicitantes que cumpran as condicións prescritas nos puntos 4.3 e 4.4.

O importe anterior poderá facerse efectivo na súa totalidade no momento de formalizar a matrícula ou en dous prazos. Neste último caso, o 60 % do total (210 €) pagarase ao matricularse e o 40 % restante (140 €), farase efectivo entre o 1 e o 15 de xaneiro de 2013.

5.5. O importe da matrícula será de cincuenta euros (50 €) para os solicitantes incluídos no punto 4.5.

O importe anterior deberá facerse efectivo na súa totalidade no momento de formalizar a matrícula.

A formalización da matrícula e o seu pagamento (ou, se é o caso, do primeiro prazo) deberá efectuarse dentro dos 5 días seguintes á comunicación por parte da EGAP da aceptación do alumno no curso.

6. Forma de pagamento.

O pagamento da matrícula realizarase a través do número de conta 2038 4009 58 6000059288, indicando no concepto «Curso técnico Administración local».

Non se devolverán as cantidades aboadas en concepto de matrícula, no caso de renuncia ou abandono unha vez iniciado o curso.

7. Incumprimento dos prazos de pagamento.

As persoas matriculadas que non fagan efectivo o importe total dos dereitos de inscrición dentro dos prazos marcados para cada caso perderán a súa condición de alumnos deste curso e non terán dereito á devolución das cantidades ingresadas con anterioridade.

8. Prazo de inscrición e presentación de instancias.

O prazo de inscrición será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir a instancia curricular que para eses efectos figurará na páxina web da EGAP, no seguinte enderezo:

http://egap.xunta.es/cursoTecnicoLocal

Ás persoas admitidas solicitaráselles que presenten os seguintes documentos:

a) Para os que estean incluídos no punto 4.1.1:

• Certificado expedido polo responsable de persoal do organismo do que dependa o solicitante, no que se indique a situación administrativa no correspondente corpo ou escala, e que dá acceso a este curso.

• Documentación acreditativa dos méritos incluídos na instancia curricular.

b) Para os que estean incluídos no punto 4.1.2:

• Fotocopia da titulación académica que dá acceso a este curso.

• Documentación acreditativa dos méritos incluídos na instancia curricular.

c) Para os que estean incluídos nos puntos 4.2 e 4.3:

• Certificado de colexiación, emitido polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, específico para a realización deste curso.

• Documentación acreditativa dos méritos incluídos na instancia curricular.

• Documentación acreditativa da súa situación laboral, se procede.

d) Para os que estean incluídos no punto 4.4:

• Certificado expedido polo secretario da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no que se indique que está matriculado no curso 2012-2013.

• Certificado de precolexiación, emitido polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, específico para a realización deste curso.

e) Para os que estean incluídos no punto 4.5:

• Certificado de ter superada algunha das edicións 1ª ou 2ª do Curso de formación do enxeñeiro de camiños na Administración local, emitido polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, específico para a realización deste curso.

Toda a documentación remitida polos solicitantes que non sexa orixinal terá que estar debidamente compulsada.

Poderá pedirse a aclaración en todo momento dos méritos presentados. Os méritos que se inclúan na ficha curricular deberán estar convenientemente acreditados. A non presentación dos documentos acreditativos dos citados méritos dará lugar á exclusión do curso do solicitante previamente seleccionado.

9. Criterios de selección.

Os participantes serán seleccionados por unha comisión técnica independente, designada para estes efectos, na que participarán representantes da Escola Galega da Administración Pública, do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e da Federación Galega de Municipios e Provincias, e cuxa composición será publicada no portal web da EGAP. A comisión seleccionará os candidatos con discrecionalidade técnica e independencia con respecto aos órganos directivos das tres entidades mencionadas.

Os criterios selectivos para a admisión neste curso serán os seguintes:

a) Se os solicitantes están incluídos nos puntos 4.1, 4.2 e 4.3, puntuación máxima: 10 puntos:

– Por experiencia nun posto de traballo na Administración ou entidades adscritas: 0,1 puntos por mes completo traballado, ata un máximo de 4.

As datas de referencia, para os efectos do cómputo do tempo, serán as que figuren na dilixencia de toma de posesión e cesamento ou no certificado de vida laboral.

– Por experiencia nun posto de traballo relacionado directamente coa Administración: 0,1 puntos por mes traballado, ata un máximo de 2.

Esta experiencia poderá acreditarse mediante a presentación dun certificado de vida laboral e/ou unha relación de traballos realizados coa Administración ou entidades adscritas, expedido polo órgano competente.

– Por cursos que teñan puntuación acreditada segundo a Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se establecen, de acordo coas comunidades autónomas, os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de formación e perfeccionamento de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994 (Boletín Oficial del Estado do 29 de decembro), e segundo o Decreto 49/2009, do 16 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación. Máximo: 2 puntos.

– Por cursos específicos relacionados co exercicio da profesión dentro da Administración pública: ata un máximo de 2 puntos.

• Por cursos de 20 a 80 horas: 0,10 puntos.

• Por cursos de 80 a 150 horas: 0,30 puntos.

• Por cursos de máis de 150 horas: 0,50 puntos.

b) Se os solicitantes están incluídos no punto 4.4. Puntuación máxima: 10 puntos.

– Por ter superado todas as materias correspondentes aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º da carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos, 6 puntos.

– A nota media simple do expediente académico do alumno da Universidade da Coruña valorarase de xeito lineal entre 0 e 2 puntos, correspondéndolle 2 puntos á nota media simple máis alta dos solicitantes e 0 puntos á nota media simple máis baixa.

– Por ter realizado cursos específicos relacionados co exercicio da profesión dentro da Administración pública: ata un máximo de 4 puntos.

• Por cursos de 20 a 80 horas: 0,20 puntos.

• Por cursos de 80 a 150 horas: 0,30 puntos.

• Por cursos de máis de 150 horas: 0,50 puntos.

10. Publicación da lista de seleccionados e prazo de presentación de alegacións.

A lista de seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web da EGAP (http://egap.xunta.es). O prazo para a presentación de alegacións será de tres días hábiles a partir da data de publicación, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

11. Lista de espera.

La comisión fixará unha lista de espera por orde de preferencia no proceso selectivo para cubrir as posibles vacantes daquelas persoas seleccionadas que causen baixa antes do inicio do curso ou no transcurso das primeiras vinte e catro horas lectivas do curso. As persoas que non figuren na devandita lista de espera figuran nun posto máis afastado na lista de reservas ou foron excluídas por algunha das causas establecidas nas bases da convocatoria.

12. Desenvolvemento.

O curso desenvolverase na aula de formación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na praza da Milagrosa, núm. 2, entresollado, na Coruña, entre o 11 de xaneiro de 2013 e o 11 de maio de 2013.

Terá unha duración de 120 horas, que se distribuirán a razón de oito horas por semana, os venres das 16.00 ás 20.30 horas e os sábados das 9.30 ás 14.00 horas.

Durante o curso, os alumnos deberán presentar diversos traballos en grupo, que se elaborarán baixo a dirección dos profesores durante o período docente.

Durante a realización deste curso levarase a cabo un control permanente da asistencia mediante os sistemas que se establezan para estes efectos. Os alumnos terán que acreditar mediante a súa sinatura a súa asistencia a cada unha das sesións académicas, tanto teóricas como prácticas. As ausencias ocasionais do curso constarán como incidencias dentro de cada sesión para os efectos do cómputo correspondente. Poderán realizarse tamén controis de asistencia extraordinarios en calquera momento do desenvolvemento do curso.

Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, pero baixo ningún concepto poderán superar estas o 15 % das horas lectivas. Neste caso, acreditarase documentalmente ante o servizo competente da EGAP ou ante a persoa responsable do curso, nun prazo máximo de dez (10) días despois de producirse esta ausencia.

Os alumnos realizarán un traballo final de curso, sobre unha materia relacionada coa actividade convocada, cuxa proposta deberá ser aprobada previamente polo director académico.

Os alumnos que teñan cursado as edicións I ou II do Curso de formación do enxeñeiro de camiños na Administración local, estarán exentos de asistir ás clases e de presentar os traballos e grupo. Si deberán realizar o traballo final de curso.

13. Certificado de aproveitamento.

A superación deste curso queda supeditada a que os alumnos acudan con regularidade ao curso, cunha porcentaxe de asistencia do 85 % das horas programadas, e tamén a que o traballo chegue a unha calidade mínima. Os participantes que non cumpran os requisitos serán excluídos e, como consecuencia, perderán todos os seus dereitos.

Ademais, para a superación deste curso e a obtención do certificado de aproveitamento, os alumnos deberán presentar os traballos en grupo, que se elaborarán baixo a dirección dos profesores durante o período docente, e o traballo final de curso. Os traballos finais serán obxecto de exposición pública e serán avaliados por un tribunal designado para estes efectos.

O prazo de entrega do traballo fixarase durante a realización do curso e seralles comunicado aos alumnos. Se, tras a exposición pública do traballo, o tribunal considera que non chega a unha calidade mínima, o alumno deberá presentar de novo o traballo na data en que a dirección do curso lle indique (soamente se terán dúas oportunidades para a presentación do traballo ante o tribunal).

Os alumnos que cursasen as edicións I ou II do Curso de formación do enxeñeiro de camiños na Administración local, para poder superar este curso, deberán realizar o traballo final de curso, segundo as normas anteriores.

Ao finalizar o curso, os alumnos obterán unha cualificación que será de non apto, apto ou apto con mención. Nestes dous últimos casos, isto reflectirase nun certificado de superación do curso que emitirá a EGAP. Non se expedirán certificados de asistencia sen superar o curso.

14. Modificacións e incidencias.

A EGAP reserva para si a facultade de modificar o programa e de resolver as cuestións que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a de cancelalo, se o número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Correspóndelle á dirección do curso resolver as incidencias de carácter xeral que poidan producirse durante o desenvolvemento deste.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública