Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46015

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de novembro de 2012 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/13.

Por Orde do 30 de maio de 2012 (DOG do 1 de xuño), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/13.

O artigo 17 desta orde establece que estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.423A.780.0, por importe total de 17.028.302,00 euros para o ano 2012, e na contía de 600.000,00 euros para o ano 2013, e que se poderán ampliar, se for o caso, os ditos importes.

Tendo en conta que estas axudas no están sometidas ao réxime de concorrencia competitiva, e que o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro da convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único. Incrementar o importe para financiar as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/13, nun millón setecentos sesenta e cinco mil catrocentos trinta e tres euros (1.765.433,00 euros), de acordo co establecido no artigo 17 da Orde do 30 de maio de 2012 (DOG do 1 de xuño).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria