Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega Empresarial de Formación del Transporte y Servicios Sectoriales (Agefotrans).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega Empresarial de Formación del Transporte y Servicios Sectoriales (Agefotrans), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas ou empresarios que desenvolvan as súas actividades no ámbito profesional da formación do transporte e/ou servizos anexos.

Asinan a acta de constitución: Florentino Varandela Blanco, en representación da entidade Rayva, S.L., José Luis Gómez Ibáñez, en representación da entidade Ponteverin, S.L., e Casimiro Mondelo Rodríguez, en representación de Arcax-Servicios, S.L.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais