Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46003

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 129, do 6 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 da Resolución do 3 de xullo de 2012 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da citada resolución.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

Liña 2: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de actividades destinadas a esta finalidade.

Liña 3: promoción e accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 3 de xullo de 2012 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 29.591,84 euros.

Partida orzamentaria: 04.40.313B.480.0.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Subvencións concedidas:

Crédito asignado: 17.795,61 €.

Liña 1. Consolidación do movemento asociativo

CIF

Entidade

Importes

G15870777

Asociación de Mulleres Rurais A Carballeira

1.500,00 €

G70223417

Asociación Acadar

2.388,75 €

G15945686

Asociación Labregas

3.000,00 €

G70239397

Asociación Rural Mulleres Emprendedoras Arume

1.749,82 €

Liña 2. Promoción de hábitos de vida saudables

CIF

Entidade

Importes

G15932825

Asociación Mulleres Rurais Arume

1.350,00 €

G15173263

Asociación Íntegro

3.000,00 €

G15766918

Asociación Mulleres Rurais A Maristela

2.000,00 €

G70278676

Asociación Apade

1.350,00 €

G15830375

Asociación Cultural Mulleres O Cantón

1.457,04 €