Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45820

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de acceso libre á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro técnico industrial, grupo II, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 27 de xullo de 2012 (DOG do 17 de agosto e BOE do 5 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro técnico industrial, grupo II, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 1 de outubro de 2012 (DOG do 17 de outubro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 9 de xaneiro de 2013, ás 11.00 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada (rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarao o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

Por delegación (R.R. 22.11.2012)
Francisco González García
Vicerreitor de Investigación e Innovación