Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de novembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/97/2012.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 25 de outubro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística aos herdeiros de Ana María Simón Varela polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación no lugar de Porto Meilán, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística