Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica un requirimento de documentación complementaria realizado a unha interesada de autorización de permutas voluntarias de predios rústicos, por ser devolto polo servicio de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de documentación complementaria realizado como consecuencia dunha solicitude de autorización de permutas voluntarias de predios rústicos, por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: autorización de permutas.

Interesada: Delia Vázquez Taboada.

Último enderezo coñecido: estrada de Esplugues, nº 36, 1º, 1ª, 08940 Cornellà de Llobregat (Barcelona).

Acto notificado: solicitude de documentación complementaria para a autorización de permuta voluntaria de predios rústicos para os efectos de solicitar a exención do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Documentación que se require:

1. Certificación de estar ao día do pagamento dos tributos ou outros dereitos que graven os predios que se van permutar ou, se é o caso, xustificante de exención tributaria.

2. Certificación catastral ou, se é o caso, informe pericial emitido por técnico competente sobre o valor dos terreos obxecto de permuta.

De non remitir no prazo improrrogable de 10 días a documentación requirida, entenderase que desiste da súa petición.