Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Pintos Soliño, Lago e Avogados, S.L e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo na rúa Pastoriza, 8-4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Procedemento

Pintos Soliño, Lago e Avogados, S.L.

B36255420

Praza da Constitución, nº 4

36800 Redondela (Pontevedra)

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

José Vázquez Suárez

35406365G

R/ Alcalde Manuel Graña, 11

36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

El Nilo 2008, S.L.

B27375328

R/ Padre Sarmiento, nº 10

27002 Lugo

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo