Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre a instalación temporal dunha planta móbil de formigón preparado.

Alberto Villaverde Seoane, con DNI número 33248662-T, en nome e representación de Iparena, S.L., con CIF B32172256, solicitou licenza municipal para a instalación temporal dunha planta móbil de formigón preparado, que se instalará nun predio sito no lugar denominado Val da Edreira, en montes de San Lourenzo, neste municipio.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretente instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Gudiña, 12 de novembro de 2012

Guillermo Lago Pérez
Alcalde