Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento dun almacén de distribución de produtos químicos de carácter fitosanitario (expediente 2012/47/23).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2012/47/23, tramitado por instancia de María Antonieta López Martínez, en representación de Maj Agroquímicos, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dun almacén de distribución de produtos químicos de carácter fitosanitario, que se instalará na parcela R-21 do polígono industrial de Bergondo deste termo municipal.

O prazo será de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público, no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que aqueles que se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crean oportunas.

Bergondo, 9 de novembro de 2012

Alejandra Pérez Márquez
Alcaldesa