Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a interposición de recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 307/12, de José Ramón Díaz Novo contra a desestimación presunta por silencio administratvo de recurso de alzada interposto contra o Acordo de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

En cumprimento do establecido nos artigos 48 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase que se acordou remitir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo Sección Primeira da Coruña, o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto por José Ramón Díaz Novo contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo) e a Resolución da Consellería do Medio Rural e do Mar do 25 de xuño de 2012 relativa á suspensión do acordo de concentración parcelaria citado.

Despois de terse intentado sen efecto a notificación persoal de María José Pérez Mel Pérez-Batallón, con último domicilio na rúa Marina Española, 35 (Lugo), como parte interesada no procedemento citado, publícase a presente notificación para que sirva de emprazamento, se o estimase conveniente aos seus intereses, e comparecer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, acompañada de avogado tal e como prescribe o artigo citado.

Lugo, 19 de novembro de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo