Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo a resolución do expediente sancionador ES-P-0009/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 9 de novembro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Emilio Nava Peláez.

Expediente: ES-P-0009/12.

Último domicilio coñecido: rúa Antonio Palacios, número 52, 6º B. O Porriño, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícaselle a resolución do expediente sancionador ES-P-0009/12, na cal se dispón que non se sancione a Espiga Salceda, S.L. nin a Emilio Nava Peláez e que se proceda ao arquivo do expediente sancionador por prescrición da infracción que se lles imputa.

Alegacións: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.