Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 21 de xuño de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 49-10 sito en Muros, relativo ao proxecto 00872 (expediente 2010/002267).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Antonia Suares Vasques o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 21 de xuño de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 49-10 sito en Muros relativo ao proxecto 00872, expediente 2010/002267, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00872 -LAT. DC. 66 KV Mazaricos-Muros. Exp. IN407A 06/218.

Nº de expediente: 2010/002267.

Persoa que se notifica: Antonia Suares Vasques.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. da Coruña.

Expropiada: Antonia Suares Vasques.

Beneficiario: Unión Fenosa.

Predio nº: 49-10.

Concello: Muros.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 789,18 €.