De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 00833, proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.
Concello: Arteixo. Provincia: A Coruña.
Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Beneficiario: Xestur A Coruña, S.A.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Frenos Coruña, S.L. e outro Rendal, S.L. Rendal, S.L. Tocyfe, S.L. e outros Sercom-Asfico, S.L. Rendal, S.L. María Josefina Boo Rey e outro Manuel Méndez Breijo e outra Rendal, S.L. e outros Sercom-Asfico, S.L. Tocyfe, S.L. e outros Jesús López Rodríguez |
12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 12.7.2012 |
2010004351 2010004365 2010004366 2010004370 2010004376 2010004376 2010004393 2010004393 2010004393 2010004396 2010004397 2010004406 |
00090 00115 00117 00126 00139 00139 00172 00172 00172 00178 00179 00200 |
99.083,56 166.484,92 342.125,22 61.008,13 68.362,27 68.362,27 313.031,71 313.031,71 313.031,71 61.796,86 55.043,73 119.493,72 |