Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución denegatoria da aprobación do plan de labores, da autorización de recursos da sección A) denominada Monte Miraz número 2 (expediente IN329A 2012/99).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á empresa Aplistone, S.L, con último enderezo coñecido na rúa Brixeira s/n, 15310 Curtis (A Coruña), a resolución denegatoria da aprobación do plan de labores correspondente ao ano 2012, da autorización de recursos da sección A) denominada Monte Miraz nº 2, sita no concello de Friol, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.

Lugo, 15 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo