Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45202

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de novembro de 2012 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Celanova na provincia de Ourense.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto) por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Dispoño:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Celanova.

Código: 32016625.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Celanova.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Celanova Celso Emilio Ferreiro.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria