Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45058

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os e se resolve, con carácter provisional, o concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario na categoría de facultativa/o especialista de área de Uroloxía, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012.

Por Resolución deste centro directivo do 24 de outubro de 2012 (DOG nº 212, do 7 de novembro) resolveuse, con carácter provisional, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado por Resolución do 10 de maio de 2012, agás na especialidade de Uroloxía, pendente esta última da resolución previa da ampliación do concurso de traslados do ano 2010 efectuada para dar cumprimento á sentenza xudicial 166/2010, do 15 de xuño.

Con data do 16 de novembro de 2012, este centro directivo aprobou a relación provisional de solicitantes admitidas/os e excluídas/os derivada da dita ampliación, así como as puntuacións e destinos provisionalmente adxudicados ás persoas participantes no dito proceso.

En consecuencia, este centro directivo, en cumprimento da base 11) e 6) das súas resolucións do 10 de maio e 9 de agosto de 2012, de convocatoria e ampliación do concurso de traslados correspondente aos anos 2012 e 2010, respectivamente, examinadas as reclamacións presentadas contra a resolución provisional de admitidas/os e excluídas/os no procedemento de provisión convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 (DOG nº 138, do 19 de xullo de 2012).

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de solicitantes admitidas/os e excluídas/os no concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde na categoría de facultativa/o especialista de área de Uroloxía, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012.

Segundo. Declarar resolto provisionalmente tal proceso na indicada especialidade coa publicación das puntuacións provisionais obtidas por cada solicitante nas distintas epígrafes do baremo e, de ser o caso, o destino provisionalmente adxudicado, sen que esta resolución recoñeza ningún dereito á adxudicación definitiva do destino asignado.

Terceiro. Ao abeiro do punto sexto da Resolución do 9 de agosto de 2012, de ampliación do concurso de traslados do 21 de xaneiro de 2010, os profesionais que por Resolución do 16 de novembro de 2012 resultasen adxudicatarios de destino nese procedemento e, así mesmo, tivesen participado na mesma especialidade no concurso de traslados convocado mediante Resolución deste centro directivo do 10 de maio de 2012 (DOG núm. 96, do 22 de maio), enténdese que solicitaron neste último (2012) única e exclusivamente aquelas prazas que, sendo así mesmo solicitadas na ampliación do concurso de 2010, tiñan nel (2010) unha orde de prelación máis elevada que a praza adxudicada.

En consecuencia, as prazas que na solicitude efectuada no concurso de traslados convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 non reunisen os dous anteriores requisitos considéranse como non solicitadas. Nos demais supostos, e de conformidade coa última opción manifestada, a adxudicación provisional das prazas correspondentes ao concurso de traslados 2012 efectuouse segundo a orde de prelación de destinos seleccionada polo profesional na solicitude de participación correspondente ao concurso de traslados 2010.

Terceiro. As listas coa relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os e as puntuacións e destinos provisionalmente asignados están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, as/os concursantes poderán consultar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e/ sección de procesos), a súa condición de admitido/excluído definitivo no concurso e as causas de exclusión, así como o detalle da valoración provisional realizada en cada unha das epígrafes do baremo.

Cuarto. Contra a lista definitiva de admitidas/os e excluídas/os, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao de publicación da presente resolución, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa base 11) da resolución de convocatoria, as/os concursantes admitidas/os disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen reclamación contra as puntuacións e destinos provisionalmente asignados, que deberán dirixir á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución de adxudicación definitiva que aprobará a autoridade convocante, que incorporará, así mesmo, as modificacións que resulte necesario efectuar por mor da estimación, de ser o caso, das reclamacións presentadas contra a resolución provisional da ampliación do concurso de traslados correspondente ao ano 2010.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos