O 29 de agosto de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de xullo de 2011 pola que se somete a información pública o anteproxecto da obra de colectores xerais de saneamento e estación depuradora de augas residuais en Gandarío, no termo municipal de Bergondo (CO-0232-2010), a autorización de vertedura (DH.V15.28750), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados necesarios para a súa execución (EF 01/2011).
O 10 de outubro de 2012 aprobouse o expediente de información pública do anteproxecto da obra de colectores xerais de saneamento e estación depuradora de augas residuais en Gandarío, no termo municipal de Bergondo (expediente CO-0232-2010).
Tendo en conta que durante o devandito trámite realizaron alegacións diversos interesados con domicilio descoñecido, que figuran no anexo a esta cédula, faise público que a citada resolución se atopa exposta na Secretaría Xeral da entidade pública Augas de Galicia á disposición destas persoas.
Contra a dita resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante esta dirección no prazo dun mes contado desde o seguinte á data da publicación da presente cédula, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Alegantes con domicilio descoñecido
José Deus López.
Celia Sixto Seco.
Luis García.
Manuel Novo.