Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2012 pola que se fai pública a formalización dos contratos que se citan.

– Contratación do servizo de mantemento, licenzas e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións (expediente 61/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento, licenzas e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións. Dentro do despregamento ilimitado de licenzas inclúense os despregamentos en calquera organismo ou ente do sector público autonómico de Galicia.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 28 de maio de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.690.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.690.000,00 euros. Importe total: 1.994.200,00 euros (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.7.2012.

b) Data de formalización do contrato: 13.9.2012.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 1.619.703,65 euros. Importe total: 1.911.250,30 euros (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

– Contratación do servizo para o mantemento da plataforma de correo electrónico da Xunta de Galicia (expediente 63/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o mantemento da plataforma de correo electrónico da Xunta de Galicia.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de maio de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 972.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 324.000,00 euros. Importe total: 382.320,00 euros (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4.9.2012.

b) Data de formalización do contrato: 28.9.2012.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 307.800,00 euros. Importe total: 372.438,00 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

– Contratación do servizo de mantemento e soporte do Sistema de información da dependencia da Consellería de Traballo e Benestar (expediente 145/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos de mantemento e soporte do sistema de información de dependencia da Consellería de Traballo e Benestar.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 18 de xuño de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 402.711,86 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 402.711,86 euros. Importe total: 475.200,00 euros (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.8.2012.

b) Data de formalización do contrato: 17.9.2012.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 293.976,00 euros. Importe total: 355.710,96 euros (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2012

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia