Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de diversos expedientes de reclamacións eléctricas.

Notifícaselles aos interesados, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución dos expedientes de reclamacións eléctricas que a continuación se relacionan, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte á publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

As persoas interesadas poderán comparecer na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 12 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF

Domicilio

IN 635 A 2012/59

José Javier García Rebollo

34916111H

Rúa da Lúa, 3º B, 32005 Ourense