Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación para a adxudicación da contratación da xestión, explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría na Estación Marítima da Pasaxe.

Aprobado por acordo do Pleno do Concello da Guarda do 5 de novembro de 2012 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da xestión, explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría na Estación Marítima da Pasaxe no concello da Guarda, expóñense ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, Praza do Reló s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudicar a contratación da xestión, explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría na Estación Marítima da Pasaxe, no concello da Guarda.

Duración.

Dezaseis (16) anos, sen posibilidade de prórroga.

Canon anual.

Establécese como prestación económica á explotación dos locais e instalacións un prezo anual mínimo de 7.000 € (sete mil euros anuais), que poderá ser incrementado polos licitadores.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: cinco mil seiscientos (5.600) euros.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG (artigo 159 TRLCSP), na forma sinalada na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación, en acto público, procederá á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tal día fora sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 5 de novembro de 2012

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde