Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de licitación do servizo Amessan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ames.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) É a contratación do servizo de realización de actividades de prevención, promoción da saúde e dinamización de persoas maiores do Concello de Ames (programa Amessan).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Concello de Ames.

d) Prazo de execución: terá unha duración inicial de dúas tempadas, prorrogables expresamente por períodos dunha tempada, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro tempadas (incluído período inicial e prórrogas).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo unitario hora: 29,04 euros (IVE 21 % incluído).

Valor estimado do contrato: 129.600 euros (artigo 88 TRLCSP).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ames.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

d) Teléfono: 981 88 30 02.

e) Telefax: 981 88 39 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Ames, ata as 14.00 horas no prazo de 8 días naturais contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

a) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ames.

1. Entidade: Concello de Ames.

2. Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

3. Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.

c) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade: Ames.

d) A data e a hora: indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello.

9. Gasto de anuncios. Importe máximo: 1.500 euros.

10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org.

Ames, 19 de novembro de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde