Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012 pola que se fai pública a formalización dos seguintes contratos.

– Contratación do servizo de elaboración da Axenda Dixital Local da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (exp.: 07/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de elaboración da Axenda Dixital Local da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de decembro de 2011.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 334.295,49 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 334.295,49 €. Importe total: 394.468,68 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10.5.2012.

b) Data de formalización do contrato: 27.8.2012.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 300.866,00 €. Importe total: 355.021,88 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

– Contratación, suxeita á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de xestión de aplicacións para a Xunta de Galicia (exp.: 09/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de soporte técnico e funcional de diversos sistemas de información, a xestión do ciclo de instalación e implantación de sistemas na SXMIT, o mantemento correctivo e evolutivo de diversos sistemas, e a administración de diversas ferramentas ou plataformas afectadas polos sistemas anteriores. Todos estas actividade orientadas a garantir a continuidade da plataforma de sistemas de información xestionada na SXMIT.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.5.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.616.550,35 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 872.183,45 €. Importe total: 1.029.176,47 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1.8.2012.

b) Data de formalización do contrato: 4.9.2012.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 741.355,93 €. Importe total: 874.799,99 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

– Contratación, suxeita á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento de aplicacións no ámbito da xestión da Administración de Xustiza (exp.: 10/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento e soporte de aplicacións informáticas dependentes funcionalmente da Dirección Xeral de Xustiza: Asistencia Xurídica Gratuíta, Xestión de recursos humanos, posto de traballo e Sistema de Xestión de Medios.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.5.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.215.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 405.000,00 €. Importe total: 477.900,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21.8.2012.

b) Data de formalización do contrato: 28.9.2012.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 364.500,00 €. Importe total: 441.045,00 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia