Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento de 4 TACS e un anxiógrafo dos hospitais dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (NB-EIC1-12-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde - Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: NB-EIC1-12-004.

d) Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento de 4 TACS e un anxiógrafo dos hospitais dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 33.13.19.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 38510000-3.

f) Acordo marco (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto 208.612,32 euros. Importe total 246.162,54 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.7.2012.

b) Data de formalización do contrato: 28.8.2012.

c) Contratista: General Electric Healthcare España, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto 208.612,32 euros. Importe total 246.162,54 euros.

A Coruña, 1 de setembro de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña