Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Social, pola que se fai pública a notificación de resolución dun expediente tramitado por esta Secretaría.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á entidade que a seguir se indica a resolución do seu expediente administrativo, con cargo á Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013, toda vez que, intentada a notificación, non se puido practicar.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente e potestativamente, e, con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación. Neste caso, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto, expresamente ou por desestimación presunta, o recurso de reposición.

O expediente consta no Servizo de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar, sito en San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Número de expediente: 2012/000024-0.

Interesado: Asociación de Marketing Social-ADEMAS.

CIF: G36869642.

Enderezo que figura no expediente: apartado de Correos 764, 36200 Vigo, Pontevedra.

Asunto: resolución administrativa denegatoria, con data do 6.8.2012, correspondente ao programa capacitación en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais presentado á orde de convocatoria antedita.

Motivación da resolución: non acadar a puntuación suficiente en relación a outros programas presentados, unha vez valorados conforme os criterios establecidos na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2012

Coro Piñeiro Vázquez
Secretaria xeral de Política Social