Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica recuamento LMT A Gudiña, tramo túnel O Canizo vía dereita no concello da Gudiña (expediente IN407A 2012/56-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT A Gudiña, tramo túnel O Canizo vía dereita.

Situación: A Gudiña.

Descricións técnicas:

LMT aereosubterránea a 15 kV, de 71 m en aéreo con condutor LA 110 e 1.134 m en subterráneo con condutor RHZ1, e orixe na LMT existente procedente do CT bombeo A Gudiña e remate na LMT A Gudiña-Penouta CSG702, con entrada e saída nos CS proxectados A Gudiña e Renfe.

LMT aereosubterránea a 15 kV, de 81 m en aéreo con condutor LA 56 e 90 m en subterráneo con condutor RHZ1 e orixe no CS proxectado A Gudiña, e remate na LMT aos CTS A Gudiña III e polígono Moure 32CD95.

LMT subterránea a 15 kV, de 19 m con condutor RHZ1 e orixe no CS proxectado Renfe e remate na LMT ao CT Renfe 32PD97.

Orzamento: 106.857,83 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1 - 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense