Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza (LU-RES 2012/070 e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 30 de outubro de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/070.

Interesado: Petrica Sali.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Motivo: responsabilidade solidaria en infracción da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Órgano emisor: instrutora do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2012/104.

Interesados: Antonio Fernández Neira.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2012/110.

Interesado: Iván Fernández Candia.

Acto notificado: acordo de iniciación expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2012/115.

Interesado: Petrica Sali.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Motivo: responsabilidade solidaria en infracción da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Órgano emisor: xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.